Caión (Laracha, A Coruña) (16 fotos)
Caión (Laracha, A Coruña) (16 fotos)
8:02
0
Santa María do Socorro de Caión é unha
parroquia que se localiza no norte do concello da Laracha na comarca de
Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 912 habitantes (469
mulleres e 443 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación,
o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando contaba con
981 habitantes. Caión contaba cun porto baleeiro, que aparece mencionado
na Descripción del Reyno de Galicia do Licenciado Molina (século XVI).
Arquitectonicamente destacan a Casa do Conde do Graxal, a Igrexa de San
Xurxo (plateresca) e as ruínas do convento de Santo Agostiño, fundado
no século XVI por Fernando Bermúdez de Castro.
Tags